Saltar ao contido

BAE Systems

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 BAE Systems
Logotipo
Imaxe
 Parte de
 Nome orixinal
BAE Systems (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Presidente/a
Sir Roger Carr (en) Traducir 1 de outubro de 2013 Editar o valor en Wikidata
 Director/a executivo/a
Charles Woodburn (en) Traducir 1 de xullo de 2017 Editar o valor en Wikidata
 Bolsa de valores
Datas
 Fundación / creación
30 de novembro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Marconi Electronic Systems (pt) Traducir (20 de xullo de 1987 - 30 de novembro de 1999)
Royal Small Arms Factory (pt) Traducir (1816 - 1988)
British Aerospace (29 de abril de 1977 - 30 de novembro de 1999)
Atlantic Marine (en) Traducir (1980 - maio de 2010) Editar o valor en Wikidata
 Substitúe
Cifras e dimensións
Cadro de persoal100000 (2024) Editar o valor en Wikidata
Ingresos totais23078000000 £ (31 de decembro de 2023) Editar o valor en Wikidata
Beneficio2573000000 £ (31 de decembro de 2023) Editar o valor en Wikidata
Beneficio neto1940000000 £ (31 de decembro de 2023) Editar o valor en Wikidata
Activos totais32064000000 £ (31 de decembro de 2023) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 Enderezo
6 Carlton Gardens, London, SW1Y 5AD, United Kingdom Editar o valor en Wikidata
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postalCM2 8HN Editar o valor en Wikidata
VIAF173233509 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404219667 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01cf6w Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: baesystemsplc Twitter: baesystemsplc Youtube: UCs9HTncy2FLGgj00WY2k2JQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

BAE Systems plc é unha compañía multinacional de defensa, seguridade e aeroespacial británica. A súa sede atópase en Londres e opera en todo o mundo. É o contratista de defensa máis grande de Europa[1] e está entre as máis grandes do mundo; foi clasificada como a terceira maior en función dos ingresos de 2017.[2][3] As súas principais operacións son no Reino Unido e nos Estados Unidos, onde a súa subsidiaria BAE Systems Inc. é un dos seis principais provedores do Departamento de Defensa estadounidense. Outros grandes mercados son Australia, India e Arabia Saudita, que xuntan ao redor do 20% das vendas totais de BAE.[4] É o fabricante máis grande do Reino Unido.[4] A compañía formouse o 30 de novembro de 1999 pola fusión de dúas empresas británicas: Marconi Electronic Systems (MES), a subsidiaria de General Electric Company plc (GEC) dedicada á electrónica de defensa e á construción naval, e British Aerospace (BAe), un fabricante de avións, munición e sistemas navais.

BAE Systems é a sucesora de varias compañías de fabricación de aeronaves, barcos, vehículos armados, armamento e electrónica de defensa, como Marconi Company, a primeira compañía comercial dedicada ao desenvolvemento e uso da radio; A.V. Roe and Company, unha das primeiras compañía do mundo de fabricación de aeronaves; de Havilland, fabricante do Comet, o primeiro reactor comercial do mundo; British Aircraft Corporation, cofabricante do Concorde; Supermarine, fabricante do Spitfire; Yarrow Shipbuilders, construtor dos primeiros destrutores da Royal Navy; Fairfield Shipbuilding and Engineering Company, pioneira no motor de expansión triplo e construtor do primeiro acoirazado do mundo; e Vickers Shipbuilding and Engineering, contrutor dos primeiros submarinos da Royal Navy. Dende a súa formación realizou varias compras, destacando as das compañías estadounidenses United Defense e Armor Holdings, e vendeu as súas accións en Airbus, Astrium, AMS e Atlas Elektronik.

BAE Systems está involucrada en varios grandes proxectos de defensa, incluído o Lockheed Martin F-35 Lightning II, o Eurofighter Typhoon, o submarino clase Astute e os portaavións clase Queen Elizabeth. BAE Systems está listada na bolsa de Londres e é un integrante do índice FTSE 100.

  1. "Top 10 Defence Companies: BAE Systems #3". Defence IQ (en inglés). 2013-06-12. Consultado o 2018-11-28.
  2. Thompson, Loren. "BAE Systems, Third Biggest Global Military Contractor, Approaches Major Leadership Change". Forbes (en inglés). Consultado o 2018-11-28.
  3. "Top 100 | Defense News, News about defense programs, business, and technology". people.defensenews.com. Consultado o 2018-11-28.
  4. 1 2 "BAE Systems sheds 2,000 jobs in Britain". The Economist (en inglés). Consultado o 2018-11-28.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]