Saltar ao contido

Celta de Vigo Fortuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Celta Fortuna»)
RC Celta Fortuna
NomeReal Club Celta de Vigo Fortuna
Alcume(s)Celestes;
Pandateam
Fundación1927
EstadioBarreiro,
Vigo, Galicia
Capacidade1.024[1]
PresidenteGalicia Marián Mouriño
AdestradorGalicia Fredi
Liga1ª RFEF – Grupo 1
2023–241ª RFEF – Grupo 1, 4.º de 20
VestimentaAdidas
PatrocinadorEstrella Galicia
Na rede
Sitio web oficial
Titular
Alternativo
Terceiro

O Real Club Celta de Vigo Fortuna é un equipo de fútbol galego da cidade de Vigo. Foi fundado en 1927 como Turista Sport Club e foi un equipo independente ata 1989 cando se converteu no equipo filial do Celta de Vigo[2]. Na tempada 2025/26 finalizou a liga regular do grupo I da Primeira División RFEF en segunda posición, acadando o ascenso á Segunda División no play off de ascenso, converténdose así no primeiro filial dun club galego en participar na Liga de Fútbol Profesional.

Club Turista

[editar | editar a fonte]

Fundado en 1927 no concello de Lavadores, mantiña unha gran rivalidade co Gran Peña. Houbo dúas tentativas de fusión co devandito equipo, unha en 1967 impulsada polo Gran Peña e outra en 1987 proposta polo Turista, pero ningunha delas chegaría a acontencer, no primeiro caso pola negativa dos turistas e no segundo caso pola negativa dos grampeñistas.[3] En 1989, afogado polas débedas, o Club Turista acepta convertirse en filial do Celta de Vigo, pasando a chamarse Celta Turista.[2]

Os trofeos do Club Turista foron recuperados pola Asociación de Veciños de Lavadores en 2009.[3]

Filial do Celta

[editar | editar a fonte]

Antes do Turista, os clubs filiais que tivo o Celta foron o Berbés e o Gran Peña (chamado durante aquela etapa Gran Peña Celtista).

A inicios dos anos 1990, a maioría dos clubs filiais son absorbidos polos seus clubs principais, transformándose en equipos dependentes.[4][5] É o caso do Celta Turista, que pasa a ser en equipo dependente do Celta de Vigo en 1995, adoptando o nome de Real Club Celta de Vigo B.[2]

Foi unha canteira prolifera, que deu lugar a xogadores como Borja Oubiña, Michel Salgado ou Xurxo Otero. Xogou dúas veces a liguiña de clasificación para a Segunda División, sen éxito.

No 2002 gañou a Copa Federación, ao impoñerse na final ao CF Gavà[6].

No ano 2023, co gallo do centenario do Celta de Vigo, o nome do club pasou a ser Celta de Vigo Fortuna en lembranza do Real Club Fortuna de Vigo.

O 20 de xuño de 2026, após de terminar segundo na fase regular do grupo primeiro da Primeira Federación, acadou o ascenso á Segunda división tras derrotar por 4 goles a 1 en Balaídos á Ponferradina na final do play off de ascenso[7]. Ademais, o encontro disputado en Balaídos significou o récord histórico de seareiros que asistiron a un partido do filial vigués, cunha asistencia de 18.007 espectadores[8]. Na tempada 2026/27 converteuse no primeiro filial galego en disputar unha competición masculina de fútbol profesional.[9][10][11]

Nomes do club

[editar | editar a fonte]
  • Turista Sport Club (1927–41)
  • Club Deportivo Turista (1941–46)
  • Turista Sociedad Cultural (1946–57)
  • Club Turista (1957–89)
  • Club Celta Turista (1989–95)
  • Real Club Celta de Vigo, S.A.D. "B" (1995–2023)
  • Celta de Vigo Fortuna (2023-)

Estadio Municipal de Barreiro, con capacidade para 4.500 seareiros.

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Xogadores do Celta de Vigo B.

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Posto País Xogador
1 POR Galicia Coke Carrillo
2 DEF Galicia Pablo Gavián
3 DEF España Quique Ribes
5 MED Galicia Hugo Burcio
6 DEF Galicia Pablo Meixús
7 DIA España Hugo González
8 MED Galicia Andrés Antañón
9 DIA España Álvaro Marín
11 DIA Galicia Ángel Arcos
13 POR Caio Barone
14 DEF Cataluña Jan Oliveras
Posto País Xogador
16 MED Cataluña Adrià Capdevila
17 DIA Bernard Somuah
18 DEF Cataluña Joel López
19 MED Galicia Óscar Marcos
22 DEF Senegal Seyni Mbaye Ndiaye
23 DIA Suíza Germain Milla
25 POR Galicia Marcos González
26 DEF Galicia Anxo Rodríguez
30 DIA Galicia Iago Barreiros
32 DEF Emiratos Árabes Unidos Anthony Khayat
? MED Kenya Aldrine Kibet

Altas e baixas 2022/23

[editar | editar a fonte]
Altas
Xogador Nacionalidade Posición Procedencia Tipo Custo
   Christian Joel
Cuba
Porteiro
Sporting de Gijón
   Sergio Barcia
Galicia
Defensa
Granada CF
   Pablo Durán
Galicia
Dianteiro
SD Compostela


Baixas
Xogador Nacionalidade Posición Destino Tipo Ingreso
   Diego Pampín
Galicia
Defensa
Andorra CF
Libre

Goleadores por tempada

[editar | editar a fonte]

Equipo técnico

[editar | editar a fonte]

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
1988/89 Rex. Pref.     ascenso
1989/90
1990/91
1991/92     ascenso
1992/93 2ªB 15º
1993/94 2ªB    20º descenso
1994/95
1995/96     ascenso
1996/97 2ªB    19º descenso
1997/98
1998/99
1999/00
2000/01     ascenso
Tempada Categoría Posto
2001/02 2ªB 13º
2002/03 2ªB 14º
2003/04 2ªB
2004/05 2ªB
2005/06 2ªB 15º
2006/07 2ªB 13º
2007/08 2ªB
2008/09 2ªB
2009/10 2ªB
2010/11 2ªB
2011/12 2ªB    20º descenso
2012/13     ascenso
2013/14 2ªB 18º
Tempada Categoría Posto
2014/15 2ªB 13º
2015/16 2ªB 11°
2016/17 2ªB
2017/18 2ªB
2018/19 2ªB 16°
2019/20 2ªB 14º
2020/21 2ªB
2021/22 1ª RFEF
2022/23 1ª RFEF
2023/24 1ª RFEF
2024/25 1ª RFEF
2025/26 1ª RFEF ascenso
2026/27

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
FutbolistaCategoríaTemporadaGoles
Goran Maric2.ª División B2007/0821
Borja Iglesias2.ª División B2016/1734

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]