Saltar ao contido

Europa Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Europa Occidental
 Nome curto
西欧 (ja)  
서구 (ko)   Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Historia
 Historia
Localización
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   201.081.297 (2023) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF245653394 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0852h Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC3020780746 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A diferenza que se fai de Europa Occidental fronte a Europa Oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións).

Basicamente, os estados de Europa Occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución Francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a primeira guerra mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro). Durante a Guerra Fría, as nacións de Europa Occidental distinguíanse pola defensa da democracia e a economía de mercado fronte os sistemas de partido único e réxime económico socialista de Europa Oriental. Durante esta época (1948 - 1989) o pano de aceiro -fortemente militarizado- dividía o continente europeo por Alemaña, Austria e Finlandia.

Actualmente os lindes de Europa Occidental e a chamada Europa Central e Oriental tenden a diluirse trala incorporación á OTAN de vellos países comunistas e a ampliación da Unión Europea.[1][2] De feito, xa están na órbita occidental Grecia, Turquía, Malta, Chipre, países bálticos, Hungría, Polonia, República Checa, Eslovaquia e Eslovenia. Todos eles con excelentes relacións cos Estados Unidos e o Canadá e intricados lazos económicos e políticos cos veciños do oeste aínda que moitos non teñen tanto en común como os países históricos da Europa Occidental.

Estados nación que compoñen Europa occidental

[editar | editar a fonte]
Mapa de Europa Occidental.

Tradicionalmente os países e Estados-nación das rexións da Escandinavia, illas Británicas, as penínsulas Ibérica e Itálica o Benelux, e diversas áreas de Centroeuropa son considerados Europa Occidental.

  1. "Occidental Europe". data-explorer.oecd.org. Consultado o 2024-11-16.
  2. Twardzisz, Piotr (2018-04-25). Defining ‘Eastern Europe’: A Semantic Inquiry into Political Terminology (en inglés). Springer. ISBN 978-3-319-77374-2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]