Saltar ao contido

Biblia

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Biblia
Imaxe
 Título
The Holy Bible (en)
la Biblio (eo)
La Bible (fr)
Biblija (sl)
Αγία Γραφή (el)
Βίβλος (el)
Bibbia (it)
Bíblia Sagrada (pt)
Света Библија (sr)
Santa Biblia (es)
Biblia (eu)
الكتاب المقدس (ar) Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
 Causado por
 Estudado por
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Ambientado en
 Edicións
(1933) Bibelen (1933) (en) Traducir en lingua dinamarquesa
(1917) Tradução Brasileira (pt) Traducir en lingua portuguesa
(1642) Biblia: Se on: Coco Pyhä Ramattu Suomexi (en) Traducir en lingua finesa
Elizabeth Bible (en) Traducir en eslavo eclesiástico
Russian Synodal Bible (en) Traducir en lingua rusa
Bíblia Poliglota Complutense (pt) Traducir en lingua latina
Hussite Bible (en) Traducir
Traducións da Biblia ao estoniano
Bible of Francysk Skaryna (en) Traducir en lingua rutena antiga
Louvain Bible (en) Traducir en lingua francesa
New American Bible
Bible nso̧ : nke nānagide Testament Ochie na Testament O̧hu (en) Traducir en Lingua igbo
Zürich Bible (en) Traducir en lingua alemá de Suíza
Revised Standard Version
Christian Standard Bible (en) Traducir
Revised Standard Version Catholic Edition (en) Traducir
Sacred Scriptures Bethel Edition (en) Traducir
Olivétan Bible (en) Traducir en lingua francesa
Bíblia de Gustavo Vasa (pt) Traducir en lingua sueca
Bible de Genève (en) Traducir en lingua francesa
O Echternach Bíblía (pt) Traducir
Codex Argenteus en lingua gótica
Biblia sacra (XIII c.) (en) Traducir en lingua latina
A sacra Bìbbia (en) Traducir en Lingua corsa, lingua francesa
La Sagrada Biblia (XV) (en) Traducir en lingua castelá
Bijbel in Gewone Taal (en) Traducir en lingua neerlandesa
La Sagrada Biblia (III) (en) Traducir en lingua castelá
London Polyglot Bible (en) Traducir
La Sagrada Biblia (XIII) (en) Traducir en lingua castelá
La Sagrada Biblia (XVI) (en) Traducir
Primeira Bíblia de Carlos, o Calvo (pt) Traducir en lingua latina
edición da Biblia
La Sagrada Biblia (XIV) (en) Traducir en lingua castelá
Bíblia católica (pt) Traducir
Lyghfield Bible (en) Traducir
Second Bible of Charles the Bald (en) Traducir en lingua latina
Bible (Makary) (en) Traducir en lingua rusa
Castellio Bible (en) Traducir en lingua francesa
Biblia Platense (en) Traducir en lingua castelá
Bible translations into Fuzhou dialect of Eastern Min (en) Traducir en Língua fuzhou (pt) Traducir
Berean Standard Bible (en) Traducir en lingua inglesa
Kulakovs' Bible (en) Traducir en lingua rusa
Mentelin Bible (en) Traducir
Q10780058 Traducir en lingua vietnamita
Fust-Schöffer Bible (en) Traducir en lingua latina
Japan Bible Society Interconfessional Version (en) Traducir en lingua xaponesa
Zürich Bible (1531) (en) Traducir en lingua alemá
King James Version - 1769 en lingua castelá
Q11084387 Traducir en lingua chinesa
Q119041283 Traducir en lingua checa
tradución da Biblia
Bible translations into Cree (en) Traducir
Q116536026 Traducir
Prague Bible (en) Traducir en lingua checa
Y Beibl cyssegr-lan (en) Traducir en lingua galesa
Biblia interprete Sebastiano Castalione (en) Traducir en lingua latina
Slovo na cestu (en) Traducir en lingua checa
Bible (Sacy, 1855) (en) Traducir en lingua francesa
Bible translations into Sorbian (en) Traducir en baixo sorbio
Oddur Gottskálksson's New Testament (en) Traducir en lingua islandesa
Bíblia Reina-Valera 1909 (pt) Traducir en lingua castelá
Bucharest Bible (en) Traducir en lingua romanesa
Pamplona Bible (en) Traducir en lingua latina
Bible de Lefèvre d'Étaples (en) Traducir en lingua francesa
Bible (Sacy, 1789) (en) Traducir en lingua francesa
Episcopal Conference of Italy Bible (en) Traducir en lingua italiana
Codex of Mateusz Dziesiąty (en) Traducir en eslavo eclesiástico
Syriac versions of the Bible (en) Traducir en lingua siríaca
Bible Ostervald (en) Traducir en lingua francesa
Literal Standard Version (en) Traducir
Biblia Germanica (en) Traducir en lingua alemá
Korrekturbibel (en) Traducir
Elizen Arteko Biblia (en) Traducir en lingua éuscara
Bible of Calci (en) Traducir
Walton Polyglot Bible (en) Traducir
Codex of Bécs (en) Traducir
Bíblia de Kralice (pt) Traducir en lingua checa
St. Wenceslaus Catholic Bible (en) Traducir en lingua checa
Beibl (1588) (en) Traducir
Bible česká (en) Traducir en lingua checa
De apokryfiska böckerna (en) Traducir en lingua sueca
Bezděkova Bible (en) Traducir en lingua checa
Bible (Tomislav Dretar) (en) Traducir en lingua bosníaca
Dharmapustak (en) Traducir en lingua bengalí
Beibl (1620) (en) Traducir
Bíblia de Lutero (pt) Traducir en altoxermánico protomoderno
Biblia Paulistów (en) Traducir
Biblia Ekumeniczna (en) Traducir
Bibelen (1933) (en) Traducir en lingua dinamarquesa
Poznań Bible (en) Traducir en lingua polaca
Biblia dos Setenta en Jewish Koine Greek (en) Traducir
Alfred Rahlfs' edition of the Septuagint (en) Traducir en lingua grega antiga
Biblia Warszawsko-Praska (en) Traducir en lingua polaca
Bibliya (en) Traducir en Lingua azerí
American Standard Version (en) Traducir
Helge Åkessons översättning (en) Traducir
Church Bible of 1917 (en) Traducir
Bíblia de Wycliffe (pt) Traducir en Inglés medio
Normalupplagan (en) Traducir
Charles XII Bible (en) Traducir en lingua sueca
Gustav II Adolf Bible (en) Traducir en lingua sueca
World English Bible (en) Traducir
Old English Bible translations (en) Traducir en lingua inglesa antiga
Vulgata en lingua latina
Biblia do rei Xacobe en inglés moderno temperán
Douay–Rheims Bible (en) Traducir en inglés moderno temperán
Bíblia de Tyndale (pt) Traducir
Bishops' Bible (en) Traducir en lingua inglesa
Bíblia de Coverdale (pt) Traducir en lingua inglesa
Bíblia de Estudos de Genebra (pt) Traducir en lingua inglesa
La Bible (en) Traducir en francés medio traducido por Raoul de Presles (pt) Traducir
Jakub Wujek Bible (en) Traducir en lingua polaca
Leopolitan Bible (en) Traducir en lingua polaca
Giant Bible of Mainz (en) Traducir
Anjou Bible (en) Traducir en lingua latina
Statenvertaling (en) Traducir
Lübeck Bible (en) Traducir en lingua baixo-alemá
Moutier-Grandval Bible (en) Traducir
Lübeck Bible (en) Traducir en Middle Low German (en) Traducir
Soncha Scrittüra (en) Traducir en lingua romanche
Bíblia Stavelot (pt) Traducir
Paris Polyglot Bible (en) Traducir en lingua hebrea
NO 1978/85 (en) Traducir
Mamusse Wunneetupantamwe Um Biblum God (en) Traducir en Lingua massachusett
Guðbrandsbiblía (en) Traducir en lingua islandesa
Bible of Christian III (en) Traducir en lingua dinamarquesa
Q6104615 Traducir
Kutna Hora Bible (en) Traducir
Biblia Tysiąclecia en lingua polaca
Ottheinrich Bible (en) Traducir
Peshitta en lingua siríaca
Bíblia da Rainha Sofia (pt) Traducir en lingua polaca
Vetus Latina (pt) Traducir en lingua latina
New World Translation of the Holy Scriptures en múltiples linguas
Brest Bible (en) Traducir en lingua polaca
Biblia gdańska en lingua polaca
Bible of Nieśwież (en) Traducir en lingua polaca
Bíblia siríaca de Paris (pt) Traducir en lingua siríaca
Wenceslas Bible (en) Traducir
modern English Bible translations (en) Traducir
Bíblia Leskovec-Dresden (pt) Traducir en lingua checa
Vizsoly Bible (en) Traducir en lingua húngara
Bíblia Ostrog (pt) Traducir en eslavo eclesiástico
Catalan Interconfessional Bible (en) Traducir en lingua catalá
Bible Crampon 1923 (en) Traducir en lingua francesa
LDS edition of the Bible (en) Traducir
Q113838982 Traducir en lingua francesa Editar o valor en Wikidata
 Relixión
 Contén partes da clase
Implicados
 Autor/a
Códigos e identificadores
VIAF174429434 Editar o valor en Wikidata
Goodreads91568355 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL3845274A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/015j7 Editar o valor en Wikidata
MeSHD001633 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 86341 BNE: XX4147284
Wikidata G:Commons C:Commons
Libro da Xénese nunha Biblia de 1723.

A Biblia (do latín tardío biblĭa, e este do grego βιβλία [biblía]; literalmente ‘libros’)[1] é un conxunto de libros canónicos que no cristianismo e noutras relixións considéranse produto de inspiración divina e un reflexo ou rexistro da relación entre Deus e a humanidade. A Biblia está organizada por dúas partes principais: o Antigo Testamento e o Novo Testamento, que se enfoca en Cristo e o cristianismo primitivo e apreciada noutras relixións abrahámicas como o islam. A Biblia é unha antoloxía (unha recompilación de textos de diversas formas) escrita orixinalmente en hebreo (con algunhas partes en arameo) e grego koiné. Os textos inclúen instrucións, historias, poesía, profecías e outros xéneros. A colección de materiais aceptados como parte da Biblia por unha tradición ou comunidade relixiosa concreta denomínase canon bíblico. Os crentes adoitan considerala un produto da inspiración divina, pero a forma en que entenden o que iso significa e interpretan o texto varía.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra Biblia procede, a través do latín biblĭa, da expresión grega τὰ βιβλία τὰ ἅγια (ta biblía ta hágia; ‘os libros sagrados’), acuñada por primeira vez no deuterocanónico 1 Macabeos 12:9,[2] onde βιβλία é o plural de βιβλίον (biblíon, ‘papiro’ ou ‘rollo’ e, por extensión, ‘libro’).[3] Crese que este nome naceu como diminutivo do nome da cidade de Biblos (Βύβλος, Býblos), importante mercado de papiros da antigüidade.[4]

No entanto, xa que Biblos soamente con dificultade podería ser un préstamo do nome orixinal de devandita cidade en fenicio, Gubla, existe a posibilidade de que fose a cidade a que recibise o seu nome grego a partir do termo que designaba á planta de papiro, e non ao revés.[5]

Devandita expresión foi empregada polos hebreos helenizados (aqueles que habitaban en cidades de fala grega) moito tempo antes do nacemento de Xesús de Nazaret para referirse ao Tanaj ou Antigo Testamento. Na tradución ao grego do Libro de Daniel da Septuaginta (de aprox. 150 a. C.), biblía aparece como tradución do orixinal hebreo sepharim empregado en Daniel 9:2.[6][7] Moitos anos despois empezou a ser utilizada polos cristiáns para referirse ao conxunto de libros que forman o Antigo Testamento, así como os Evanxeos e as cartas apostólicas (é dicir, o Novo Testamento). Por entón, xa era común utilizar unicamente o primeiro sintagma, τὰ βιβλία, a maneira de título.

Xa como título, empezouse a utilizar en latín Biblia Sacra (‘os libros sacros’), sen artigo, pois este non existía en latín. Con todo, ao ser Biblia un cultismo en latín, acabou pasando de considerarse un neutro plural a un feminino singular («a Sacra Biblia»), entendendo xa Biblia como o nome propio de todo o conxunto. A través do latín derivouse á gran maioría das linguas modernas.

O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.

Historia e relevancia

[editar | editar a fonte]

A Biblia aprobada pola Igrexa católica contén 73 libros, isto é, 7 libros a máis que as Biblias non católicas. Eses son os ditos libros Deuterocanónicos, que, segundo unha perspectiva non católica, se chaman apócrifos. Os libros deuterocanónicos son os seguintes: Tobías, Xudit, I Macabeos, II Macabeos, Sabedoría, Eclesiástico (ou Sirácida) e Baruc. Posúe, ademais, adicións nos libros de Ester e Daniel.

Os cristiáns consideran que estes homes escribiron a Biblia inspirados por Deus e por iso consideran que a Biblia é a Escritura Sagrada. Porén, non todos os cristiáns consideran que a Biblia debe ser interpretada de forma literal, e moitos consideran que moitos dos textos da Biblia son textos metafóricos ou que son textos datados que tiñan sentido no tempo en que foron escritos, e que debe ser tido en conta o seu contexto para poder interpretalos correctamente.

Os cristiáns consideran que a Biblia é a Palabra de Deus, polo tanto ela é máis que só un libro, é a vontade de Deus escrita para a humanidade. Para eses cristiáns nela, e apenas nela, atópanse as respostas para os problemas da humanidade.

Á marxe das crenzas, a Biblia é un libro de gran relevancia tanto histórica como literariamente, pois nel figuran, dunha ou outra maneira, as formas de vida e o designios culturais de diversos pobos. É, por outra banda, un dos libros máis lidos, investigados e publicados en toda historia da humanidade, boa parte das linguas e dialectos existentes xa foron alcanzados polas súas traducións.

Páxina do prólogo da Biblia de Delft (1477), primeira editada en neerlandés

As linguas bíblicas

[editar | editar a fonte]

Foron utilizadas tres linguas diferentes na escrita dos diversos libros da Biblia: o hebreo, o grego e o aramaico. En hebraico foi escrito todo o Antigo Testamento, con excepción dos libros chamados deuterocanónicos que se escribiron en grego, e dalgúns capítulos do libro de Daniel, que foron redactados en aramaico. En grego, alén dos xa referidos libros deuterocanónicos do Antigo Testamento, foi escrito todo o Novo Testamento, agás unhas poucas expresións en arameo que atopamos nos evanxeos.

Debido ao seu longo proceso de elaboración, que abrangue un período duns 800 anos, o hebraico utilizado na Biblia non é todo igual. Atopamos nalgúns libros o hebraico clásico (Ex. libros de Samuel e Reis), noutros un hebraico máis rudimentario e noutros aínda, especialmente os últimos en seren escritos, un hebraico elaborado, con termos novos e influencia doutras linguas veciñas.

Pola contra, o grego do Novo Testamento que foi escrito nun período duns 70 anos, a pesar das diferenzas de estilo entre os libros, corresponde ao chamado grego Koiné, isto é, o grego común falado entón máis ou menos en todo o oriente do Imperio Romano.

As versións da Biblia

[editar | editar a fonte]

A pesar da antigüidade dos libros bíblicos, os manuscritos existentes máis antigos datan a maior parte dos séculos III-IV. Tales manuscritos son o resultado do traballo de copistas que, durante séculos, foron facendo copias dos textos, de modo que fosen transmitidos ás xeracións seguintes. Transmitido por un traballo desta natureza o texto bíblico, como é obvio, está suxeito a erros e modificacións, involuntarios ou voluntarios, dos copistas, o que se traduce na coexistencia, para un mesmo treito bíblico, de varias versións que, aínda que non afecten grandemente o contido, suscitan diversas lecturas e interpretacións dun mesmo texto.

A gran fonte hebraica para o Antigo Testamento é o chamado Texto Masorético. Trátase do texto hebraico fixado ao longo dos séculos por escolas de copistas, chamados Masoretas, que tiñan como particularidade un escrúpulo rigoroso na fidelidade da copia ao orixinal. O traballo dos masoretas, de copia e tamén de vocalización do texto hebraico (que non ten vogais, e que, por ese motivo, ao tornarse lingua morta, necesitou de as indicar por medio de sinais), prolongouse ata o séc. VIII d.C. Pola gran seriedade deste traballo, e por ter sido feito ao longo de séculos, o Texto Masorético (abreviatura: TM) é considerado a fonte máis autorizada para o texto hebraico bíblico orixinal.

No entanto, outras versións do Antigo Testamento teñen importancia, e permiten suplir as deficiencias do testo Masorético. É o caso do Pentateuco Samaritano (os samaritanos son unha comunidade étnica e relixiosa separada dos xudeus, que tiñan culto e templo propios, e que só aceptan como libros sagrados os do Pentateuco), e principalmente a chamada versión dos Setenta.

A Biblia dos Setenta, ou Septuaginta (abreviatura: LXX), designa a tradución grega do Antigo Testamento, elaborada entre os séculos IV e II a.C., probabelmente no Exipto. O seu nome débese á lenda que refería ser esa tradución un resultado milagroso do traballo de 70 sabios. A versión dos LXX é a máis antiga versión do Antigo Testamento que coñecemos. A súa grande importancia provén tamén do feito de ser esa a versión da Biblia utilizada entre os cristiáns, desde o inicio, e a que é citada en gran parte do Novo Testamento.

Da versión dos LXX fan parte, alén dos libros da Biblia Hebraica, os deuterocanónicos (aceptados pola Igrexa Católica, mais non por xudeus nin protestantes), e algúns apócrifos (non aceptados como sagrados por ningunha destas relixións ou Igrexas).

O Novo Testamento, escrito en grego, atópase en moitos manuscritos, que presentan moitas variantes. Á diferenza do Antigo Testamento, non hai para o Novo Testamento unha versión á que se poida chamar, por así dicir, normativa. Hai con todo algúns manuscritos máis importantes, polas súa antigüidade ou credibilidade, e que son o alicerce da Crítica Textual.

Outra versión con importancia é a chamada Vulgata, ou sexa, a tradución latina de San Xerome, elaborada no séc. IV-V, e que foi utilizada durante moitos séculos polas Igrexas Cristiás do occidente.

Edición en galego

[editar | editar a fonte]

Tralo Concilio Vaticano II comezou a formularse a posibilidade de traducir a Biblia en lingua galega, e en 1973 o consello de administración da SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, creada en 1966) decidiu levar a cabo o proxecto. Creouse un grupo de traballo coordinado por Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga, do que formaban parte Martín María Díaz, Xesús Ferro Ruibal, Anxo González Núñez, Emilio Losada Castiñeiras, Xosé Antón Miguélez Díaz, Francisco Pérez Santalices, Manuel Regal Ledo, Xosé Rodríguez Carballo, Xoán Carlos Rodríguez Herranz, Xosé Manuel Rodríguez Pampín e Xosé Antonio Salgado Agromartín. En 1980 saíu a tradución do Novo Testamento, e a edición completa da Biblia en galego apareceu en 1989, tomada directamente do hebreo, arameo e o grego. En 1990 acadou o Premio Nacional de Tradución de España[8].

No ano 2022 presentouse a cuarta edición da Biblia en galego e en 2025 inaugurouse a web abiblia.gal co contido da Biblia editada por SEPT.[9][10]

Libros da Biblia

[editar | editar a fonte]

A Biblia é un conxunto de escritos antigos. Foi composta ao longo dun período de preto de 1500 anos. No entanto, entre os exexetas cristiáns hai bastante consenso verbo da autoría e datación das obras, aínda que tamén hai diverxencias notábeis.

Os primeiros escritos do Antigo Testamento serían de arredor do ano -950, aínda que farían tamén referencia a feitos anteriores e os últimos libros serían entre os anos -100 ou 1. No caso do Novo Testamento, o período de tempo foi moito máis breve, pois a primeira obra, I Tesalonicenses, é de arredor do ano 40 e as derradeiras, II Carta de Pedro e Apocalipse, entre os anos 100 e 110.

O canon foi fixado ben posteriormente, no caso do canon católico fixouse no Concilio de Trento en 1512, aínda que existen teorías controvertidas, e a división en capítulos e versículos que coñecemos hoxe debeu xurdir en 1550 ou 1600 d.C. como medio para facilitar o estudo e a citación.

Antigo Testamento

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Antigo Testamento.

Os cinco primeiros libros da Biblia, que os xudeus chaman a Tora (Lei).

Xénese - Éxodo - Levítico - Números - Deuteronomio.

Repasan a historia de Israel desde a chegada á terra prometida ata pouco antes do nacemento de Cristo.

Xosué - Xuíces - Rut - I Samuel - II Samuel - I Reis - II Reis - I Crónicas - II Crónicas - Esdras - Nehemías - Tobías - Xudit[11] - Ester.

Libros Poéticos e Sapienciais
[editar | editar a fonte]

Oracións e reflexións dos "sabios de Israel", mestres da Lei.

Xob - Salmos - Proverbios - Eclesiastés - Cantar dos Cantares - Sabedoría - Eclesiástico.

Recollen a mensaxe dos profetas, que desenvolveron a súa misión nos tempos das monarquías de Israel e Xudá.

Isaías - Xeremías - Lamentacións - Ezequiel - Daniel - Oseas - Xoel - Amós - Abdías - Xonás - Miqueas - Nahum - Habacuc - Sofonías - Axeo - Zacarías - Malaquías.

Novo Testamento

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Novo Testamento.

Escritos que, aínda que seguen a tradición veterotestamentaria, nacen arredor da figura e a mensaxe de Xesús de Nazaret.

Vida e mensaxe de Xesús e da primeira igrexa.

Evanxeos sinópticos: Mateu - Marcos - Lucas

Evanxeo de Xoán

Os Feitos dos Apóstolos

Cartas que teñen como autor ou son atribuídas a Paulo de Tarso.

Romanos - I Corintios - II Corintios - Gálatas - Efesios - Filipenses - Colosenses - I Tesalonicenses - II Tesalonicenses - I Timoteo - II Timoteo - Tito - Filemón

Escritos atribuídos a outros apóstolos ou seguidores de Xesús.

Hebreos - Carta de Santiago - I Carta de San Pedro - II Carta de San Pedro - I Carta de San Xoán - II Carta de San Xoán - III Carta de San Xoán - Carta de Xudas

Reflexións sobre a historia cun estilo caracterizado pola riqueza de imaxes e por unha linguaxe escura. Aínda que a literatura apocalíptica é, sobre todo, extrabíblica, tamén hai libros ou fragmentos de libros da Biblia que se adscriben a este xénero.

Apocalipse. Tamén fragmentos do Libro de Isaías e boa parte do Libro de Daniel.

Tobías - Xudit - I Macabeos - II Macabeos - Sabedoría - Eclesiástico - Baruc - Ester - Adicións en Daniel.

Inspiración bíblica

[editar | editar a fonte]

Na segunda epístola do apóstolo Paulo a Timoteo, (1Tim 3, 16) atópase a afirmación de que a Biblia fora inspirada por Deus.

O criterio de inclusión dun libro como parte da Biblia baséase en que se considere como inspirado por Deus.

O concepto de inspiración divina vén sendo discutido desde hai séculos. Poderíamos distinguir dous sensos:

  • Inspiración nun senso literal: o autor do libro bíblico sería pouco máis que un secretario que vai escribindo ao ditado de Deus: os feitos narrados, as leis, a valoración positiva ou negativa que se fai de persoas e acontecementos son expresión directa da vontade de Deus.
  • Inspiración en senso amplo: o autor escribe o libro segundo os seus coñecementos, a súa propia experiencia e fiel ao seu estilo literario. A inspiración divina consiste simplemente no empurrón divino que leva a escribir, se acaso aporta o contido xeral do libro, sen detalles concretos.

Esta segunda acepción casa mellor co feito de que a Biblia ten libros de estilos literarios moi distintos, coa evolución teolóxica ou moral dos libros, coas distintas posicións ideolóxicas de cada autor etc.

Historicidade da Biblia

[editar | editar a fonte]

Os asuntos narrados na Biblia parecen ser xeralmente ligados a datas e a personaxes históricos. Hai, porén, personaxes cuxa existencia real e as súas accións entran nun terreo esvaradío entre a historia e a lenda.[Cómpre referencia]

Nestes casos, a validez histórica que se lle atribúe a cada texto depende da postura de cada persoa ou grupo cristián. Por exemplo, para as principais correntes teolóxicas e de estudosos cristiáns da Biblia, as personaxes de Adán e Eva son simplemente unhas figuras literarias que serven para falar da fe nun Deus criador e para explicar a orixe do mal. Pola contra, para grupos cristiáns máis literalistas ou de corte fundamentalista, a orixe do mundo e da humanidade é tal e como relata a Biblia.

A Biblia é un texto, por riba de todo, doutrinal. A pesar de se asumir como un texto que revela directamente o coñecemento de Deus para os homes, o que é totalmente contrario á visión científica e experimental, algunhas persoas pretenden demostrar a validez das escrituras por unha suposta exactitude científica. Os textos bíblicos utilízanse ou utilizáronse para rexeitaren os datos da experiencia e as teorías científicas de científicos como Galileo Galilei e Charles Darwin.

A interpretación da Biblia varía en cada denominación cristiá, de grupo para grupo, e de lector para lector. Por iso, entanto que para algúns movementos relixiosos e persoas en particular, o relato da Xénese sobre a creación é aceptábel ou mesmo verdadeiro - habendo mesmo unha crítica acérrima aos datos empíricos que fundamentan a teoría da evolución -, para outros, o relato é apenas un poema que acentúa o papel de Deus como creador, que non debe ser lido de forma literal mais, apenas, metafórica e adaptada ao contexto histórico en que foi escrito. A Igrexa católica, por exemplo, acepta hoxe a teoría da evolución, propondo unha interpretación metafórica do texto bíblico. Da mesma forma, hai quen defende que o relato da "paraxe" do sol, xa referida, no libro dos Xuíces débese a un hebraísmo - unha figura de estilo do hebraico que non é traducíbel para outras linguas, ou que o ataque da Igrexa católica á teoría heliocéntrica de Copérnico e Galileo se debe apenas ao erro de interpretación da xerarquía católica.

Cronoloxía bíblica

[editar | editar a fonte]

As datas que marcamos nesta cronoloxía deben ser tomadas só como orientativas. No caso dos documentos que compoñen a Biblia, tomamos a data que os estudosos consideran como máis probábel.

SéculoHistoria UniversalHistoria de IsraelComposición da Biblia
- XIX(-1800) Primeira dinastía babilónica e primeiras referencias á cidade de NíniveAbraham e o seu clan en PalestinaEpopea de Gilgamesh (texto mesopotámico no que se inspira o relato de Noé)
- XVIII(-1750) Reinado de Hammurabi en BabiloniaChegada de Xosé e o seu clan a Exipto---
- XVII(-1600) Comeza o Período micénico de Grecia------
- XIII(-1279 a -1235) Reinado de Ramsés II
(-1250) Crise dos hicsos en Exipto
As tribos semíticas que formarán Israel foxen de Exipto a través da península do Sinaí---
- XII(-1194 a -1163) Reinado de Ramsés III en Exipto
Establecemento dos filisteos na costa sur de Palestina
(-1104) Fundación de Gadir, a actual Cádiz, polos fenicios, a primeira cidade europea da que temos constancia
As tribos de Israel constitúen unha especie de "federación". Comeza o período dos Xuíces de IsraelPrimeiras tradicións orais sobre os patriarcas e a historia de Israel, paso previo á Biblia escrita
- XIDinastía XXI en Exipto(-1030) Xaúl, primeiro rei de Israel
(-1010 a 970) David, rei de Israel
Composición dos primeiros Salmos bíblicos
- X---(-970 a -931) Salomón, rei de Israel
División de Israel entre Reino do Norte e do Sur
(-950) Tradición iavista
(-950 a -700) Libro de Rut
- VIII(-753) Fundación de Roma(-716) Reinado de Ezequías(-750) Tradición eloísta
(-740 a -700) Primeira parte do Libro de Isaías
- VII---(-640) Reinado de Ioxías, reforma relixiosa. O Templo de Xerusalén, único lugar de cultoTradición deuteronómica
Libros de Xosué, Xuíces, I e II Samuel e I e II Reis
- VI(-559 a -529) Ciro II, o Grande, rei de Persia(-587 a -539) Desterro de Babilonia
(-539) Volta do desterro, reconstrución do Templo
(-550 a -450) Redacción definitiva do Libro dos Proverbios
(-549 a -539) Segunda parte do Libro de Isaías
(-538 a -485) Terceira parte do Libro de Isaías
(-500) Tradición sacerdotal
- V(-428) Nace o filósofo grego Platón------
- IV(-384) Nace o filósofo grego Aristóteles
(-336) Principia o reinado de Alexandre Magno
(-333 a -332) Conquistas de Alexandre Magno desde Fenicia ata Exipto
---Composición do Eclesiastés
Versión definitiva do Libro de Xob
- III(-221) Inicio da dinastía Qin na China
(-218 a -201) Segunda Guerra Púnica, Haníbal
---Composición de 1 e 2 Crónicas, Esdras e Nehemías, Cantar dos Cantares
- II------Composición dos Salmos máis serodios, Libro de Tobías, Libro de Ester e versión definitiva do Libro de Daniel
(-190) Libro do Eclesiástico ou Sirácida
(-165) Libro de Xudit
- I(-63) Pompeio conquista Israel
(-27) César Augusto, emperador de Roma
Herodes o Grande, rei de Palestina
(-4 a -6) Nace Xesús de Nazaret
Composición do 1 e 2 Libro dos Macabeos, Libro da Sabedoría
Biblia dos LXXII, versión grega que inclúe algúns libros máis que no canon xudeu
I---Actividade pública e morte (ano 30) de Xesús de Nazaret
(70) Guerras xudaicas, o Templo de Israel é destruído
(60) Evanxeo de Marcos
(68) Durante as guerras xudaicas, os romanos destrúen a comunidade esenia de Qumrán, as covas onde viven, con gran cantidade de escritos, quedan seladas
(70) Evanxeo de Mateu
(80) Evanxeo de Lucas
II------(100 a 110) Composición da II Carta de San Pedro
XXsegunda guerra mundial
(1948) Independencia do Estado de Israel
---(1947) Descuberta das covas de Qumrán, con tódolos seus papiros e pergamiños
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Biblia.
  2. Macabeos "12:9". BibleGateway (en castelán).
  3. "βίβλος". Diccionario manual griego: griego clásico-español. Vox: Spes. 1996.
    βίβλος ου ἡ cortiza de papiro; folla ou tira dela; escrito; libro; documento, carta; división dunha obra.
  4. Μπαμπινιώτης, Γ. (2005). "βιβλίο". Λεξικό της Νέας Ελληνικής Γλώσσας (en grego) (2.ª ed.). Atenas: Κέντρο Λεξικολογίας. p. 362.
    < αρχ βιβλίον < βυβλίον [...] < βύβλος, από το όνομα τής φοινικικής πόλεως Βύβλου, από όπου εισαγόταν ο κατεργασμένος πάπυρος. Το ίδιο το Βύβλος είναι σημιτ. προέλ. (πρ. εβρ. Gébāl «περιοχή, σύνορο»), το δε αρχικό Β- (αντί του αναμενομένου Γ-) ίσως οφείλεται σε αφομοίωση.
    < gr. ant. βιβλίον < βυβλίον [...] < βύβλος, do nome da cidade fenicia Biblos, da cal procedían produtos de papiro. O propio Biblos é de orixe semítico (confer o hebreo gébāl, ‘rexión, fronteira’), debéndose quizais a B- inicial (en lugar da G- esperada) a asimilación.
  5. Chantraine, Pierre (1968). "βύβλος". Dictionnaire étymologique de la lange grecque (en francés). 1 (Α-Δ). París: Klincksiek.
    On a répété que βύβλος est purement et simplement le nom de la ville phénicienne de Byblos d'où le papyrus était importé [...] La principale difficulté réside dans le fait que le nom, phénic. Gbl, akk. Gublu, hébr. Gɘbāl, fournirait difficilement un emprunt βύβλος; on observe aussi que l'adj. βύβλινος «en fibre de papyrus» est déjà dit pour un câble chez Hom. Aussi a-t-on pensé qu'il a existé un nom βύβλος «plante de papyrus», d'origine d'ailleurs obscure [...].
  6. Konrad Schmid; Jens Schröter (2021) [Publicación original en alemán 2019]. "1 • What Is "the Bible"?". The Making of the Bible (en inglés). Peter Lewis (1ª ed.). The Belknap Press of Harvard University Press. p. 2. ISBN 9780674248380. A tradución grega do termo hebreo «Sephardim» («libros») en Daniel 9:2 denomina aos textos bíblicos «biblía»
  7. Daniel "9:2". BibleGateway (en castelán).
  8. Víctor Freixanes (26 de outubro de 2014). "A Biblia en galego". La Voz de Galicia.
  9. "Sae a cuarta edición da biblia en galego, con revisión lingüística". El Correo Gallego. 11 de xullo de 2022.
  10. "A Biblia en galego, agora dispoñible en liña". Arquidiocese de Santiago de Compostela. 2025-06-03. Consultado o 2025-06-08.
  11. Aceptado polos católicos e ortodoxos mais non polos xudeus e protestantes

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]