Saltar ao contido

Sagunto, Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sagunto, Valencia
 Nome orixinal
Sagunt (ca)  
Morvedre (ca)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Sagunt (ca)  
Sagunto (es)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Saguntí, saguntina / Morvedrí, morvedrina (ca)  
saguntino (ast)  
saguntina (ast)  
saguntín (ast)  
Saguntini (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 Contén núcleo de poboación
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
73.031 (2025)
65.190 (2013)
65.238 (2012)
65.595 (2011)
66.259 (2010)
66.070 (2009)
65.821 (2008)
63.359 (2007)
62.702 (2006)
61.823 (2005)
60.488 (2004)
57.741 (2002)
57.017 (2001)
65.003 (2014)
64.944 (2015)
64.439 (2016)
65.278 (2017)
65.669 (2018)
66.140 (2019)
67.173 (2020)
67.043 (2021)
68.066 (2022)
70.128 (2023)
71.377 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   33.774 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   32.366 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   132 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   49 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal46500 Editar o valor en Wikidata
Código INE46220 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap348833 Editar o valor en Wikidata
VIAF3168286956457272686 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0157z6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX450659
Wikidata G:Commons C:Commons
Vista de Sagunto.
Dentro do Castelo.

Sagunto[1] (en valenciano: Sagunt; en castelán: Sagunto, historicamente coñecida como Morvedre) é unha cidade do País Valenciano situada no norte da provincia de Valencia, sendo a máis importante da comarca do Camp de Morvedre.

A cidade ten dous núcleos principais: o centro histórico ou Sagunto-Cidade, situado ao pé do castelo e do teatro romano, e o Porto de Sagunto, a 5 quilómetros do centro histórico. O termo municipal ten 73.031 habitantes (INE 2025) repartidos entre estes 5 quilómetros que separan a praia do antigo castelo romano, vivindo a maioría deles (preto de 35.000) no Porto.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O municipio e a cabeceira da comarca do Camp de Morvedre. Situado á beira do río Palància que, despois de bordear o casco da cidade, desemboca nun aluvial, máis propiamente que un verdadeiro delta, posto que a súa pendente é de 5,7 por mil nos últimos 4 km, superior ao normal dos deltas.

A costa é baixa e areosa, cuberta de dunas. A súa vexetación clímax pódese dar hoxe por desaparecida e houbo de estar dominada pola aciñeira. Na actualidade hai algunhas fragas de piñeiros nas montañas máis pretas ao mar Mediterráneo. Entre as especies, as que máis abondan son o romeu e a almecegueira. O medio climático é mediterráneo.

O extenso termo municipal de Sagunt limita ao norte con Soneja, Alfondeguilla, La Vall d'Uixó, Almenara (da provincia de Castelló), Algar de Palància, Quart de les Valls, Benavites, Benifairó de les Valls, Faura, ao leste con Canet d'en Berenguer e o mar Mediterráneo, ao sur con Puçol e El Puig e ao oeste con Petrés, Gilet, Albalat dels Tarongers, Estivella, Torres Torres, Algímia d'Alfara, todas elas na provincia de Valencia.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Sagunto ten 65.821 habitantes en 2008, sendo a cuarta cidade da provincia de Valencia por poboación. O seu peso demográfico débese á instalación de importantes industrias siderúrxicas na súa costa a principios do século XX, formando o núcleo urbano actual do Porto de Sagunto.

No núcleo histórico de Sagunto é común o uso do valenciano, mentres que no Porto, onde habita a maior parte da poboación, o castelán é a lingua predominante.

Evolución demográfica de Sagunt[2]
1857188719001910192019301940195019601970198119911996200120062008
6.9156.4667.1399.05710.41720.23520.25326.93240.29347.02654.75955.95758.13557.01762.70265.821

Economía

[editar | editar a fonte]

A súa economía está baseada principalmente na industria siderúrxica e na exportación de agres. Dentro do chan cultivado temos de secan alfarrobeiras, oliveiras e algunhas vides e amendoeiras e entre o regadío temos a laranxeira e outras árbores froiteiras. Até o século XIX foi unha poboación esencialmente vinícola, exportando viños e augardentes a Francia: trala destrución dos viñedos pola filoxera nos inicios deste século e a conversión do secan en regadío, os viñedos foron substituídos polos agres.

A actividade pesqueira comezou coa construción do porto pesqueiro. A industrialización produciuse no século XX. A principios deste século comezou a exportación de mineral de ferro de Ojos Negros (Teruel) a parte das fábricas de augardentes, fariña e tecedores de lenzos comúns de fíos.

En Sagunto existen dous clubs de balonmán de importante nivel e prestixio, o Balonmano Sagunto feminino, que se atopa na máxima división estatal e disputa os seus partidos no pavillón Rene Marigil; e o Alser Balonmano Porto Sagunto, que nestes momentos atópase en Primeira División Nacional, e disputa os seus encontros no Pavillón Municipal de Sagunto. Existen tres clubs de fútbol, dous no núcleo histórico, Atlético Saguntino e Fútbol Base Sagunto, e outros 2 no Porto, Cidade o Porto C.F. (2ª rexional) e C.D. Aceiro, que pese a aglutinar a moitos deportistas nas súas respectivas estruturas, os seus primeiros equipos atópanse en categorías rexionais. Así mesmo tamén hai dous clubs de baloncesto, o Bàsquet Sagunt, que nos últimos tempos está collendo grande interese no municipio debido aos seus constantes ascensos de categoría, e o C.B. Puerto do núcleo do Porto. A nivel de deportes de equipo tamén hai clubs de voleibol, o Stella Maris e fútbol sala, o C.D. Ibérico. Por outra banda tamén hai clubs de atletismo, xadrez, ximnasia, loita, natación, tenis de mesa, judo, e practicamente de case todas as categorías deportivas existentes, que representan o nome da cidade a nivel rexional, nacional, e ata nalgúns casos internacional, caso do Balonmano Sagunto, representantes do club de loita Ares que disputan competicións internacionais, ou de importantes atletas locais como Sandra Jiménez.

  • Festividade de Sant Antoni.
  • Festividade de Sant Vicent Ferrer.
  • Fallas (Celebradas os días previos ao 19 de marzo)
  • Semana Santa
  • Festividade de San Cristóbal (Celebrada o domingo máis preto do 10 de xullo)
  • Festas patronais na honra dos Santos Mártires Abdón e Senén (Celebradas a segunda quincena de xullo)
  • Festividade da Virxe de Begoña (Celebrada a primeira quincena de agosto)
  • Festas en honor de San Ramón (Celebradas a última semana de agosto)
  • Festas en Honor da Virxe do Bo Suceso (Celebradas a primeira decena de setembro)
  • Festas de mouros e cristiáns (Celebradas a primeira fin de semana de outubro)
  • Festas do Barrio Biensa (Celebradas a última semana completa de setembro)

Panorámico

[editar | editar a fonte]

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • Teatro Romano de Sagunto.
  • Castelo de Sagunto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]